Tuesday 14 de May de 2024

Este mediodía saen á venda as entradas para o segundo concerto de Sabina no Coliseum


Os concertos do 2 e 4 de xuño serán os únicos que ofrecerá en Galicia

As entradas poderanse adquirir a través das webs www.jsabina.com, www.contratodopronostico.com e www.ataquilla.com

Desde as 12.00 horas de hoxe xa se poden adquirir as entradas para o segundo concerto que Joaquín Sabina ofrecerá en xuño de 2023 no Coliseum. A venda realizarase a través das webs www.contratodopronostico.com, www.jsabina.com e www.ataquilla.com.

Este segundo concerto terá lugar o 4 de xuño despois de que a venda de entradas para a primeira das actuacións de Sabina na Coruña se tiveran agotadas en apenas unha hora. A cidade da Coruña será a única de Galicia que acollerá concertos de Sabina dentro da súa xira ‘Contra todo pronóstico’, coa que retorna aos escenarios. Serán o 2 e 4 de xuño de 2023, unha vez concluída a súa serie de recitais por diversos países americanos.

‘Contra todo pronóstico’ desenvolverase na súa primeira parte durante os meses de febreiro e marzo en Colombia, Perú, Chile e Arxentina, para rematar en abril en Montevideo. O día 20 de abril iniciará a súa xira en España, cun concerto nas Palmas de Gran Canaria, chegando A Coruña en xuño despois de actuar en Santa Cruz de Tenerife, Málaga, Alacante e Madrid, para proseguir con concertos en Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao, Murcia, Sevilla, Granada, Pamplona, Barcelona e Zaragoza.

Por tanto, os concertos de Joaquín Sabina na Coruña serán os únicos que desenvolva en Galicia e no noroeste de España. Deste xeito o Coliseum e a cidade da Coruña volven converterse en referencia musical ao acoller un dos concertos máis agardados e emotivos para o público no vindeiro ano.

Despois dos concertos que levará a cabo en España, Sabina continuará a súa xira por diversas cidades de México e Estados Unidos, con seis actuacións xa confirmadas en outubro e novembro do próximo ano.

O título da súa xira, ‘Contra todo pronóstico’, responde á súa decisión de retornar aos escenarios aos seus 74 anos para deleite do seu público e del mesmo. Desta maneira, Sabina remata o seu recente período a porta pechada e volve aos directos e ao contacto co público.